xoves, 27 de abril de 2017

RESPOSTA AO RETO 2

Pois aquí estamos de novo. Desta vez agotad@s, eh! Canto tivemos que buscar, visionar, PENSAR!!
Ao principio atopabamonos un pouco perdid@s, pero cremos que agora estamos na pista.

Deixámosvos varias cousas como resposta a este reto:

1. DEBATE. HAI UNS VALORES MELLORES QUE OUTROS? Comezamos por facer un listado de valores "bos" ou "mellores" e outro de "malos" ou "peores", como fixeron @s peques de infantil, porque nos pareceu unha idea fantástica. Despois reflexionamos sobre porque ubicaramos cada valor na columna elexida. Este foi o proceso e as nosas conclusións. Tamén estivemos reflexionando sobre a lista de infantil e hai algunhas cousas que nos chocaron, deixámosvos unhas preguntas ;)


2. Nunha segunda parte investigamos sobre SÓCRATES, e cos datos obtidos da investigación fixemos esta presentación:


Traballamos nunha liña do tempo cando vivíu Sócrates e en que momento estamos nós, e como a pesar da diferencia de tempo seguimos a debater sobre o mesmo!


Deixámosvos tamén un vídeo que atopamos sobre SÓCRATES na rede,


e dous máis sobre o UNIVERSALISMO ÉTICO OU MORAL


e o RELATIVISMO ÉTICO OU MORAL


E "nada máis", ata aquí o noso traballo, cousas que nos atopamos, visionamos e nos pareceron interesantes de compartir! Tamén queremos darvos as gracias, porque canto aprendemos co traballo que facemos con vós!!
Un abrazo moi agarimoso!

1 comentario:

  1. Ola!
    primeiro pedirvos desculpas por non ter feito antes un comentario. Emocionoume a calidade do voso traballo, tedes moito futuro.
    Beixos
    Pepe Cabido

    ResponderEliminar