xoves, 4 de maio de 2017

Debatimos



 Collémoslle gusto a esto de debatir. Ao inicio tivemos que acordar unhas normas para poder entendernos pero unha vez que aprendimos a pedir a palabra e esperar o turno a cousa foi moito mellor.
Deixámosvos unha mostra  da conversa que tivemos sobre a pena de morte e sobre o touro da Vega.            

                    

3 comentarios:

  1. Ola,
    só como apunte ao debate. Nós estamos dacordo con vós, pero apunta Amalia, que probablemente os do pobo de El toro de la Vega pensarán que nós somos os que temos os malos valores. Polo que... deberíamos respetar a súa opinión? Aquí estamos dividid@s. Algúns opinan que non deberiamos respetala, outros pensan que aínda que nos parece horrible, temos que respetar a súa opinión. Nesta opción tamén saiu que nós tamén matamos animais para comelos... Pero,Iker e Álex apuntan que non é por diversión, que é para comer, senón tamén morreriamos nós. Entón... A mesma acción é boa ou mala dependendo do fin? Outra diferencia a ter en conta sería o sufrimento na morte?

    Que difícil! Un abrazo
    As nenas e nenos de Santa Comba

    ResponderEliminar
  2. Ola,
    A maioría opinan que si matamos para comer é bo porque o necesitamos.por tanto pensamos que non sebemos respetar a súa opinión.
    Pensamos que temos que convencer aos que viven en la Vega para que non maten os touros preo non sabemos como facelo. Temos que intentar que teñan o mesmo valor do respeto aos animais que tmos nos.

    Biquiños e unha aperta!
    Nenas e nenos de Noia

    ResponderEliminar
  3. Imos inventar un nome para todas e todos vos: sodes uns maiéuticos e maiéuticas!!!!
    Parabéns!

    ResponderEliminar